Na gloria: Lista de episodios

Unha aldea, ao pé do Camiño de Santiago, ve alterada a súa rutina coa instalación dun hotel na vella casa grande dos Moscoso.

Pati, a dona do hotel A Gloria, precisa da axuda de Lolo e os seus requerimentos son interpretados erroneamente.

Waldo pretende converter o seu colmado no subministrador principal da cociña do hotel.

Los eucaliptos revuelan la comunidad de monte da Gloria.

O San Valentín chega á Gloria e con el o único día que o bar Centro pecha por asuntos propios.

Animalismo comprensivo ou vinganza feroz?

A pachanga e o mundo da harmonía zen, a piques de colisionar.

Pati sofre unha dolorosa contractura o día que vai recibir a visita dun célebre crítico de hoteis.

Eleccións municipais na Gloria.

Pati descubre con sorpresa que Lolo ten unha sensibilidade especial para a fotografía.

Os celos, a arma de combate de Pati e Lolo.

Tras unha desafortunada interpretación da palabra fariña, Pati decide que chegou a hora de que Bertín aprenda galego. Lolo remata por converterse no seu profesor e Bertín inicia unha relación de amor coa lingua e a cultura de Galicia.

Bertín está máis feliz ca nunca na Gloria, pero xusto entón recibe unha oferta moi xenerosa para recuperar a súa carreira como cociñeiro de prestixio. ¿Marchará Bertín da Gloria?

Cando o doutor Dani, o ex mozo de Pati, se converte no home máis querido na Gloria, descubriremos as súas intencións

Ante a posibilidade de que Pati acepte casar co Doutor Dani, Lolo decide marchar da Gloria. Todos van botar de menos a Lolo, pero o Doutor Dani decide resolver a situación dun xeito inesperado.

Pati, unha alta executiva en plena crise existencial, decide darlle un cambio radical á súa vida e establécese en A Gloria de Arriba, unha pequena localidade galega preto do Camiño Francés. O seu obxectivo é converter a vella casa dos avós nun establecemento hostaleiro destinado ós peregrinos que comunguen co naturismo, a busca do equilibrio interior e o crecemento espiritual. Para levar a cabo o seu soño conta con Bertín, o seu mellor amigo que é tamén un estrito chef vegano de fama internacional.