Bechos: Lista de episodios

Xurxo e Catuxa andan correndo nas súas bicicletas e estráganas ao bater entre si.

Vai moito frío no parque e case todo o mundo está na casa.

Xurxo está moi contento e con ganas de xogar, pero non atopa o resto das súas amigas. Que pasa? Por que escapan todas del?

Catuxa, Xurxo, Xiana e Margarida atopan unha mochila no parque.

Fai moita calor no parque e a bichería ten gana de merendar despois de refrescarse no río.

Hai un novo amigo no parque. Quen será?

A bichería está xogando ao balón no parque e escápalles seguido.

Unha tromba de auga chega ao parque.

É un día especial, a bichería vai á praia! Alí gozarán da area, da auga e dos sons do mar.

Xiana está pintando no parque e non quere xogar con Xurxo, Catuxa e Margarida.