Nosoutras: Lista de episodios

Xornalista, crítica de cine, asesora literaria para Hollywood… María Luz Morales foi unha pioneira en moitos campos.

Viaxou por todo o mundo, espertou a admiración de grandes mestres como Dalí ou Andy Warhol e foi sempre unha muller libre.

As novelas románticas nunca gozaron do prestixio da crítica por ser consideradas un entretemento menor de mulleres.

Todo o mundo ten unha idea máis ou menos exacta da importancia da figura de Castelao, pero nada diso sería así de non ser por Virxinia Pereira.

María Mariño, unha das poucas escritoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, é unha autora cunha traxectoria singular.

Normalmente asociamos Sargadelos con Isaac Díaz Pardo, pero pouco se fala de Mimina Arias de Castro, artista e responsable da xoiaría da marca.

María Miramontes aúna dous oficios que rara vez aparecen xuntos nunha biografía: costureira e intelectual.

Se Cher nacese nunha aldea de Culleredo, o seu nome sería Finita Gay.

A grande actriz do teatro francés do século XX non naceu en París, senón na Coruña.

Syra Alonso escribiu unha das mellores crónicas da Guerra Civil en Galicia.